Seleccionar redes móbiles
O dispositivo cambia automaticamente de rede móbil segundo as redes móbiles que
estean dispoñibles nos diferentes lugares. Tamén pode facer que o dispositivo se
conecte a un tipo concreto de rede móbil , por exemplo, LTE, WCDMA ou GSM.
As diferentes iconas de estado móstranse na barra de estado dependendo do tipo ou
modo de rede en que está conectado. Consulte as
Iconas de estado
na páxina 24 para
ver as diferentes iconas de estado.
Para seleccionar un modo de rede
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Redes móbiles.
3
Pulse
Tipo de rede preferido e seleccione un modo de rede.
Para seleccionar outra rede manualmente
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Redes móbiles > Operadores de rede.
3
Pulse
Modo de busca e seleccione Manual.
4
Seleccione unha rede.
Se selecciona unha rede manualmente, o dispositivo non procurará outras redes, aínda que
saia da cobertura da rede seleccionada manualmente.
Para activar a selección automática de rede
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis > Redes móbiles > Operadores de rede.
3
Pulse
Modo de busca e seleccione Automático.