Chamadas de emerxencia
O dispositivo admite os números de emerxencia internacionais, por exemplo, o 112 e o
911. Normalmente é posible empregar estes números para efectuar chamadas de
emerxencia en calquera país, cunha tarxeta SIM inserida ou sen ela, cando se atopa
dentro da zona de cobertura da rede.
Para facer unha chamada de emerxencia
1
Abra o teclado de marcación.
2
Insira o número de emerxencia e logo pulse .
Pode facer chamadas de emerxencia aínda que non haxa unha tarxeta SIM inserida ou as
chamadas saíntes estean bloqueadas.
Para realizar unha chamada de emerxencia mentres a tarxeta SIM está bloqueada
1
Pulse
Cham. emerxencia.
2
Introduza o número de emerxencia e pulse .
Para realizar unha chamada de emerxencia mentres a pantalla está bloqueada
1
Desde a pantalla de bloqueo, arrastre a icona do teléfono á dereita.
2
Se o tipo de bloqueo de pantalla activo é
Pasar o dedo, pulse para amosar o
teclado e, a continuación, marque o número de emerxencia e pulse .
3
Se a pantalla está bloqueada cun patrón, PIN ou contrasinal, pulse
Cham.
emerxencia, a continuación, marque o número de emerxencia e pulse .
63
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.